Venres. 19.04.2024
El tiempo

A muxiá Teresa Búa Sambad gaña por segunda vez o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

A artista costeira atópase estes días en Eslovenia participando na mostra internacional Womart
Teresa Bua en Eslovenia
Teresa Búa en Eslovenia na feira Womarts
A muxiá Teresa Búa Sambad gaña por segunda vez o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Acaba de anunciar o concello de Carballo que o XXI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís ten gañadora muxiá. Por segunda vez (xa o fixera en 2011), a artista Teresa Búa Sambad, que estes días está en Eslovenia dando conferencias sobre arte na feira Womarts, en clave feminina, leva este concurso, coa súa obra "Xestamos vidas e mátannos".

O xurado decidiu galardoar tamén as obras presentadas por Basilio José Bello Vilariño (2º premio), César López Seoane (Premio Especial Carballo) e Juan Rodríguez Pazos (accésit) 26/4/2019. 

Teresa é unha das artistas máis artistas máis internacionais da nosa bisbarra. Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, a Kingston University e a Universidade Politécnica de Valencia. En Vigo realizou tamén o máster de creación e investigación de arte contemporánea e deseño téxtil, outro dos ámbitos nos que dá vía
libre á súa creatividade e polo que ten acadado no ano 2016 o Premio Colección Sargadelos Téxtil.

Novas sobre o premio

Outras novas sobre fotografía

Comentarios