Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O XX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís viaxa a Ciudad Real

O XX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís viaxa a Ciudad Real
Ángel Atanasio Rincón foi o gañador do XX Certame Xosé Manuel Eirís de fotografía Ángel Atanasio Rincón é o gañador do XX Certame Xosé Manuel Eirís de fotografía

Foron 100 os participantes que quixeron celebrar os 20 anos do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. E o xurado xa anunciou o gañador, que recibirá o galardón na inauguración da exposición que se celebrará este vindeiro 3 de maio, ás 20.00 h no 3º andar do Pazo da Cultura.

Unha imaxe de Ángel Atanasio Rincón, de Alcázar de San Juan, Ciudad Real, foi escollida como gañadora, por diante dos galegos Martiño Martínez Porto (2º premio), Juan Rodríguez Pazos (Premio Especial Carballo) e Antonio Gutiérrez Pereira (accésit).

Atanasio recibirá 1.500 euros e diploma pola fotografía titulada Introspección 3. O segundo premio, dotado con 750 euros e diploma, e patrocinado pola Fundación Luís Calvo Sanz, será para o galego Martiño Martínez Porto polo seu traballo Azul. Tamén son galegos os outros dous galardoados: Juan Rodríguez Pazos, por Acuarela de Razo, que recibirá o Premio Especial Carballo (500 euros e diploma), e Antonio Gutiérrez Pereira, premiado cun accésit de 300 euros e diploma, patrocinado por Interfilm Carballo, pola fotografía Dobrar o tempo.

O xurado estivo composto por Marcos Trigo Facal (concelleiro de Cultura, como presidente), Ángel Cordero Gómez (fotógrafo e profesor da Escola de Imaxe e Son de A Coruña), Xulio Correa Corredoira (fotógrafo profesional e profesor da Escola de Imaxe e Son de Vigo), Xoán Piñón (fotógrafo profesional), María Carmen Montero García (documentalista e conservadora da Fundación Luís Seoane e comisaria de exposicións), Rosalía Fernández Rial (en representación da Asociación Cultural Lumieira, presidenta da asociación) e Mª del Carmen Castro Pombo (xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios