Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís marchou para Pontevedra

1º premio Reconquista
A Reconquista de Antonio Gutiérrez Pereira gañou o certame
O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís marchou para Pontevedra

Xa temos os gañadores da 22ª edición do Certame de Fotografía Xosé Manuel Eirís de Carballo.
O pontevedrés Antonio Gutiérrez Pereira (que en 2018 xa recolleu un accesit), leva os 1.500€ de premio obra A Reconquista, unha imaxe cun “toque conceptual e surrealista”. O xurado decidiu galardoar tamén as obras presentadas por Noé Blanco Carracedo (2º premio), Fernando Román Areán (Premio Especial Carballo), Xavier Ferrer Chust e Camila Guadalupe Pitrelli Vázquez (accésits)

Este ano participaron no certame 63 fotógrafos e fotógrafas, cun total de 148 obras.

O xurado, que se reuniu o 4 de decembro no Pazo da Cultura, estivo presidido pola concelleira Milagros Lantes Seara, e contou coa participación de Ángel Cordero Gómez, fotógrafo e profesor da Escola de Imaxe e Son de A Coruña; Juan José Varela Barbeito, fotoxornalista, responsable de producción de Photo España e co-creador e co-director de FFoco Festival de Fotografía da Coruña; Ignacio Romero Sánchez, fotógrafo e profesor de fotografía da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Esther Chamoso Lázaro, artista plástica e arquitecta técnica; Ramón Varela Rodríguez, en representación da
Asociación Cultural Escola do Alprende, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado.

2º premio Estructura dual
Noe Blanco con Estrutura Daual gañou o segundo premio

Accésit En el campo
En el campo, de Xavier Ferrer Chust

Accésit Mestura secular
Mestura secular, da carballesa Camila Guadalupe Pitrelli Vázquez.


PEC O paraíso de Eva
Fernando Román Areán levou o premio Especial Carballo


 

Comentarios