Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo exporta a pioneira experiencia municipal de arte urbana no Placemaking Week Europe

Carballo no placemaking_week_europe
Carballo exporta a pioneira experiencia municipal de arte urbana no Placemaking Week Europe

A Placemaking Week Europe, o congreso sobre urbanismo e recuperación do espazo público, desenvólvese estes días en Pontevedra, despois de que as tres primeiras edicións fosen en Amsterdam, Estocolmo e Valencia. Ata alí desprazáronse o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, para amosar a experiencia pioneira do proxecto municipal Derrubando muros con pintura.

Os carballeses expuxeron ante máis de 400 expertos de toda o continenente, as iniciativas de arte urbana como “un exemplo da utilización da arquitectura e a creatividade como estratexia para recrear o espazo público.”

Ademais da presnetación, o Concello carballés colabora coa Deputación da Coruña facilitando unha intervención artística por parte de Miguel Peralta e Xoana Almar, do colectivo Cestola na Cachola, que lembra ás mulleres do mar que levan as cestas de peixe na cabeza.

Novas sobre os proxectos de arte urbana carballesa

Comentarios