Carballo achega a lingua galega a residentes estranxeiros
Residentes estranxeiros na comarca de Bergantiños teñen a oportunidade de achegarse á nosa lingua, gracias aos novos cursos que oferta o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase entre o 3 de outubro e o 21 de decembro, cun total de 33 horas. As clases serán todos os martes e xoves, de 18.00 a 19.30 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, na Milagrosa.
Todas as persoas interesadas poden inscribirse ata o 2 de outubro enviando a [email protected] un correo electrónico no que que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número máximo de alumnado (25 persoas).
Cursos CELGA
Así mesmo, dende o SNL tamén propón os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, para as cales, precisamente, está aberto o prazo de matrícula ata o 25 deste mes. Neste caso será
preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse todos os xoves, de 19.30 a 21.30 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, dende o 28 de setembro ata finais de novembro.
Todas as persoas interesadas pódense inscribir ata o 27 de setembro mandando un correo co nome e apelidos e número de teléfono a [email protected].