Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo pecha a temporada de rebaixas coa Feira das Oportunidades

Feira Oportunidades Carballo
Presentación da Feira de Oportunidades de Carballo
Carballo pecha a temporada de rebaixas coa Feira das Oportunidades

Os vindeiros 7 e 8 de marzo volve a feira das Oportunidades a Carballo, coma sempre dende hai 12 anos para pechar a temporada de rebaixas. A iniciativa de posta en valor do comercio local e que conta coa colaboración municipal, parte do Centro Comercial Aberto, sendo unha das súas actividades principais. Son 26 establecimentos os que sairán á rúa, coa intención de chegar ás cifras do ano pasado: 25.000 visitantes e un volume de ventas de 400.000 euros.

A cita será nunha carpa situada no Rego da Balsa, e abrirá o sábado de 10.00 a 15.00 e de 16.00 a 21.00 horas e o domingo, de 10.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Os 26 establecementos son: A Fragua de Mo, A Fragua Kids, Adamela, Alonso Moda, Atelier, Atmósfera Sport, Automóviles Vilas Rama, Benetton, Calzados Susa, Deportes San Remo, DV Carballo, Ekate, Federópticos Nicolás, JGCar, Mímate, Miriñaque, Mmmm! Xeados, Moda Suárez, Necos, O Barco dos Soños, O Rastrillo, Poppy, Regalos y Regalitos.com, Style, Zapatillería Isabel e Zocas. Téxtil, calzado, deporte, automoción, complementos, óptica, decoración... aos mellores prezos.

Comentarios