Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo tendeu pontes coa lusofonía

Universidade Brasilia en Carballo
A expedición galego-brasileira por Carballo
Carballo tendeu pontes coa lusofonía

 Foi Carballo a última etapa da visita pola provincia dos participantes no Seminario Galaico-Brasileiro “Pontes que unen patrimonios”. Unhas xornadas que serven de encontro entre a CEUB de Brasilia e a Universidade da Coruña, que afondou na unión entre as culturas lusófonas galegas e brasileiras.

A carballesa María Andrade, e persoal do concello fixeron unha visita turístico-urbanística, poñéndo a vila como exemplo “no que o caos e o feísmo urbanístico se reconverteron, especialmente nos últimos dez ou quince anos, nunha vila máis humana” grazas a un proceso de transformación que permitiu “converter as medianeiras en lenzos, poñer en valor o río ou implantar unha mobilidade slow”, pero que ademais, explica a socióloga carballesa, ten “proxección de futuro”.
  

Comentarios