Xoves. 23.05.2019
El tiempo

O CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo, gañador do Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña

O xurado estivo presidido pola deputada de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco con Javier Sardiña Barreiro como secretario e Irene Correia Caballero, Fernanda Soutullo Silverio e Iria Ares Campos como vogais

O proxecto do do CEIP Xesús San Luis Romero de Carballo figura entre os tres gañadores dunha nova edición dos premios Concepción Arenal, que cada ano convoca a área de Igualdade e Benestar Social da Deputación da Coruña co fin de promover o traballo pola igualdade nos centros de ensino, ademais da elaboración de proxectos que son de especial interese para toda a comunidade educativa.

Tal e como sinala a deputada de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco, "entendemos que é fundamental desenvolver iniciativas para contribuír á igualdade desde a infancia e mocidade porque significa traballar por un futuro sen discriminación nin machismo".

Así, o CEIP Xesús San Luis Romero, do concello de Carballo, resultou ser o gañador na modalidade de primaria co seu proxecto "Revelando igualdade" que, para o xurado ten "unha alta adaptación á realidade social cun bo uso das novas tecnoloxías e un alto valor das imaxes utilizadas".

O xurado estivo presidido pola deputada de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco con Javier Sardiña Barreiro como secretario e Irene Correia Caballero, Fernanda Soutullo Silverio e Iria Ares Campos como vogais.

Comentarios