Falece un operario nun accidente laboral en Ponteceso
14:39 03/05/24
Este mediodía de venres 3 de maio, arredor das 13:00h, un home perdía a vida nun accidente laboral en Anllóns de Arriba, en Ponteceso. O obreiro, duns 40 anos e natural de Cabana, estaba realizando obras nun muro dunha obra nunha vivenda familiar cando lle caía outro muro de pedra enriba, quedando soterrado.
Ao lugar acodiron Bombeiros de Bergantiños, ao GES e á Policía Local de Ponteceso, Garda Civil, Protección Civil e ambulancia do 061, que só puido cerciorar a súa morte, tras liberar o corpo os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.