A esteirana Soraya Hermida revalida o título de campiona galega de pesca submarina
11:27 08/05/24
Soraya Hermida vén de revalidar este domingo pasado en Ferrol o título no LXIV Campionato Galego individual Femenino de Pesca Submarina 2024. A deportista de Esteiro volveu demostrar o seu poderío, representando ao Club Subacuático Pérez-Sub de Vilagarcía de Arousa e á marca Cressi.
Leva máis de 10 anos practicando este deporte pero apenas 2 competindo, convertíndose na campiona galega en tempo récord.