Outro colector incendiado en Carballo
11 de abril de 2025 (15:03 h.)
Onte á tarde o parque provincial de Carballo foi alertado dun incendio en dous colectores na zona de A Regueira de Arriba, na parroquia de Berdillo, no Concello de Carballo.
Á chegada dos equipos ao punto, un dos colectores atopábase totalmente calcinado, mentres que o segundo fora afastado por persoas presentes no lugar para evitar a súa afectación. Procedeuse á extinción do lume e ao refresco da maleza próxima, sen que se vise afectado o tráfico na zona.