Sufocan un incendio que afectou a 3 contedores en Carballo

17:59 23/02/25
Esta pasada madrugada de sábado ao domingo, os Bombeiros do Parque Provincial de Carballo tiveron que acodir, arredor das 2:00h, a sufocar un incendio que afectou a tres colectores na rúa Venus de Carballo
O persoal realizou unha inspección perimetral na que se comprobou que as chamas afectaban unicamente aos contedores, non habendo outros elementos danados. Os bombeiros procederon a extinguir o fogo e a mollar e arrefriar un cuarto colector que ardía por un dos laterais.
Na intervención estivo presente, ademais, a Policía Local de Carballo.