martes. 10.02.2026
El tiempo

Dous feridos graves na AG-55 por unha colisión provocada pola saraiba

  • A AG55, sentido Coruña, estivo cortada entre as 7:00h e as 12:00h.
Imaxe dunha saida por saraiba na AG55
Imaxe dunha saída por saraiba na AG55 da semana pasada
Dous feridos graves na AG-55 por unha colisión provocada pola saraiba

Permaneceu cortada ata arredor das 12:00h, a AG-55 en sentido Coruña, tras un accidente acontecido ás 7:00h, no quilómetro 32,800, a altura do Punta del Este. Produciuse unha saída de vía seguida de colisión con outro turismo, debido á presenza de sarabia na calzada.

Como consecuencia do sinistro, dúas persoas resultaron feridas graves e quedaron atrapadas, sendo evacuadas polos servizos sanitarios.

Nestes momentos, o tráfico está a ser desviado no quilómetro 33 cara á estrada AC-552.

No lugar traballan patrullas de Tráfico (3) , unha patrulla de Seguridade Cidadá, persoal de mantemento da vía, Bombeiros e Policía Local.

Comentarios