mércores. 24.09.2025
El tiempo

Deteñen un carballés tras un roubo con violencia a unha persoa maior na súa casa en Sofán

garda-civil-recurso
¡
Deteñen un carballés tras un roubo con violencia a unha persoa maior na súa casa en Sofán

O 13 de maio, un home de 75 anos foi asaltado por 4 homes, un deles cun arma de fogo, cando entraba na súa casa, en Sofán (Carballo). Foi inmbolizado no chan, e atado de pés e mans ás costas con bridas, amordazándolo con cinta adhesiva. 

Así permaneceu durante unha hora tendido no chan da cociña, baixo a vixilancia dun dos asaltantes, mentres os outros tres rexistraban todas as estancias da vivenda, subtraendo diñeiro en efectivo e xoias.
Unha vez finalizado o rexistro do domicilio, os asaltantes abandonaron a vivenda, levando consigo os efectos subtraídos e o teléfono móbil da vítima para evitar que puidese pedir axuda.

Tras a marcha dos agresores, o home, con gran esforzo, logrou liberarse das ataduras e pedir axuda a un familiar que reside nas proximidades.

Dende aquela, o Grupo de Delitos contra o Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Garda Civil da Coruña, comezou unha investigación, logrando a identificación do vehículo utilizado e esta semana a detención dun home, veciño de Carballo, de 53 anos como presunto coautor dun delito de roubo con violencia.

A Autoridade Xudicial decretou o seu ingreso nun Centro Penal, mentres a Garda Civil continúa coa investigación aberta ao obxecto da localización os outros 3 supostos coautores do ilícito e o esclarecemento total do mesmo.

Comentarios