mércores. 04.12.2024
El tiempo

O Espazo Xove de Carballo ofrece un curso de mimo e clown

Curso CLOWN E MIMO en Carballo
O Espazo Xove de Carballo ofrece un curso de mimo e clown

O Espazo Xove de Carballo organiza un Obradoiro de Clown e mimo durante os meses de febreiro e marzo.  Da man do actor profesional Carlos Sante Varela, de Manicómicos, poderase aprender a través da improvisación e a técnica vocal e xestual para derrumbar o medo escénico,  o sentido do ridículo, mellorando a nosa presenza escénica, a voz e a postura do noso corpo.

O curso desenvolverase os venres consecutivos desde o 27 de xaneiro ata o 31 de marzo, en horario de 18:30  a 20:00 horas.
O taller é totalmente gratuito e as prazas son limitadas.
 

Comentarios