Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Estudo Garabato acolle unha exposición da coristanquesa Isabel Soutullo

Isabel Soutullo
O Estudo Garabato acolle unha exposición da coristanquesa Isabel Soutullo
Este domingo 27 de agosto ás 13:30 horas no Estudo Garabato de Carballo acollerá a exposición artistica da coristanquesa Isabel Soutullo.

Isabel Soutullo é unha artista plástica nacida en Coristanco. Aínda que nas súas primeiras exposicións traballaba expresamente o óleo sobre lenzo con un estilo próximo ao impresionismo nos que reflectía a concienciación do coidado da natureza, agora atópase facendo obras de collage empregando materias naturais e de reciclado. Usa tea, rede, encaixe, etc. Nesta ocasión vai empregar fotografia coa pintura.

A obras a presentar nesta exposición Isabel as define así:

"Sabor a sal. O tempo traballa, o tempo crea, o tempo móvenos a facer cousas e ate me atrevería a decir máis, o tempo escolle a aquel ou aquella que promova o seu bo fazer. É como unha maxia na que te tes q deixar levar. Aquí amósanse estas maravillosas postais labradas por él. Eu son un mero transmisor para invitarvos a disfrutar de cada unha para que nos leve de viaxe, que nos conte unha historia, un momento, unha sensación, unha paz interior. O tempo tamén nos escolliu para estar aquí hoxe viviendo esta experiencia".

A exposición conta de 12 fotografias + 1 oleo.

Comentarios