O Estudo Garabato estrea exposición de Tono Galán
O nome da exposición nace a partir do cadro de Hieronymus van Aeken Bosch, “El Bosco”. Durante o confinamento de 2020 falouse moito en colectivo e seguro que se pensou moitoindividualmente do que ía ser a “nova normalidade”. Todo ía ser distinto, íamos ser persoas máis solidarias, amables e o mundo enteiro ía cambiar (para bem).
”A nave dos tolos” tenta ser unha metáfora do que está ocorrindo. “Saimos peores ou polo menos moita xente expresa que aquelas ilusións xurdidas no 20 durante o shock de todo o acontecido non teñen ningún tipo de forma pasados os anos e lonxe disto, a cousa empeorou”, sinala o autor.
”Sempre me interesou moito o mundo da loucura. Que é estar tolo? Unha diagnose médica xa decide quen está tolo? A arte das persoas ás que denominaban tolas sempre estivo a meu carón. A súa liberdade expresiva e unha infinda imaxinación amosan que certo punto de loucura é imprescindiblepra o acto de creación. Nas obras que presento nesta mostra realicei unha exploración interna co tema da loucura defondo en todo momento. Os procedementos técnicos son o máis naturais posibles e de xeitointegral realicei tamén os marcos que as contenhen (no caso da pinturas) e tamén aproveitei algúns que rescatei do lixo. Os papeis empregados son feitos á man e os pigmentos que compoñen as acuarelas tamén son feitas manualmente por min”, explica.