Falece un home en Razo tras volcar o seu tractor
20:45 28/03/17
Un home faleceu esta tarde ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba. O suceso aconteceu nunha leira de Cambrelle - na parroquia carballesa de Razo - sobre as 18:40 horas. Un particular foi o que deu a voz de alarma aos servizos de emerxencias.
Ata alí desprazáronse os equipos de Urxencias Médicas e os Bombeiros de Carballo que chegaron ata o lugar do sinistro cun equipo de excarceración.
A esta hora, os efectivos de emerxencias permanecen no lugar do accidente.
Novas relacionadas
- 22-03-17: Ferido un traballador en Carballo tras caer dunha altura de dous metros
- 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112