Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Feijoo presenta en Carballo o novo plan da conserva

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, reúnese con directivos do grupo Calvo e visita a planta de envasado.  Carballo, 12/1/2022.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, na visita á planta de envasado de Calvo en Carballo
Feijoo presenta en Carballo o novo plan da conserva

Completa expedición insititucional a que se puxo o mono para entrar na fábrica de Calvo, en Carballo. Presidida por Alberto Núñez Feijoo, a comitiva realizou un percorrido polas instalacións da conserveira carballesa, unha das que abandeira a dobre premisa que a levou a converterse nun dos sectores estratéxicos da economía de Galicia: respecto pola tradición sen renunciar á innovación e á modernización.

“Estamos a falar dunha das grandes multinacionais galegas que fixo un redeseño integral do proceso de fabricación e transformación ata contar co que se pode definir como unha planta intelixente do atún, dotada do último en tecnoloxía que permitirá automatizar todo o proceso grazas á robotización, controlar en tempo real todas as operacións e corrixir calquera desviación a tempo”, salientou Feijoo, recordando que, na actualidade, o grupo está presente en 69 países e xera máis de 5.000 empregos.

O presidente da Xunta anunciou o novo Plan Estratéxico da Conserva ata 2030, e anunciou tamén unha nova convocatoria de axudas para que pemes do sector melloren os procesos de transformación cun orzamento de 19 millóns de euros.

Comentarios