Venres. 19.04.2024
El tiempo

Gran participación na xuntanza veciñal sobre o plan director para a mellora do espazo público na zona dos Baños Vellos

O auditorio da Biblioteca Rego da Balsa reuniu a medio centenar de veciños.
O auditorio da Biblioteca Rego da Balsa reuniu a medio centenar de veciños.
Gran participación na xuntanza veciñal sobre o plan director para a mellora do espazo público na zona dos Baños Vellos

A convocatoria realizada pola Concellaría de Planificación e Estratexia Urbana para avanzar no Plan director para a mellora do espazo público urbano e da mobilidade na zona dos Baños Vellos tivo unha resposta moi numerosa e participativa por parte da veciñanza. Medio cento de persoas, entre as que se atopaban algúns membros da corporación, asistiron á xuntanza veciñal que se celebrou no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa e na que quedou claro que, máis alá das diferentes propostas e opinións sobre as actuacións que se poden levar a cabo nese ámbito, hai unanimidade sobre a necesidade de intervir dun xeito global. De feito, o equipo redactor traballará no deseño do amplo ámbito comprendido entre as rúas Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Ponte, Camiño Novo, Vázquez de Parga e Perú.

14012020 participacion_vecinhal (2)

Foron os técnicos, precisamente, os encargados de dirixir a sesión de participación, da que, despois da presentación por parte da concelleira de Planificación, ausentáronse a propia Milagros Lantes; o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, e o alcalde, Evencio Ferrero, para evitar calquera tipo de influencia no proceso. A participación realizouse a través dos teléfonos móbiles, utilizando unha APP para poder ver as respostas, anónimas, inmediatamente nunha pantalla e así fomentar o debate sobre cada unha das cuestións que se foron propoñendo.

O equipo redactor preguntou aos asistentes sobre aspectos como a súa relación coa contorna dos Baños Vellos (residencia, traballo, zona de paso...), que valoración lles merece para vivir, que aspectos positivos destacarían ou cales consideran que deberían mellorarse. Os resultados da sesión de participación uniranse ás enquisas realizadas previamente nos establecementos comerciais e aos traballos de campo para extraer as primeiras conclusións e iniciar o traballo de elaboración do plan especial.

Comentarios