mércores. 11.12.2024
El tiempo

Grandes expectativas laborais para a nova formada de diplomadas do obradoiro de emprego Carballo Coida II

Obradoiro de Emprego Carballo Coida diplomas
O edil Iván Andrade facendo entrega dos diplomas
Grandes expectativas laborais para a nova formada de diplomadas do obradoiro de emprego Carballo Coida II

Sen dúbida, a atención sociosanitaria é unha das profesións con máis demanda actualmente na Costa da Morte. De aí que o alumnado do obradoiro de emprego Carballo Coida II saia con moi boas expectativas de inserción laboral, unha vez rematado o periodo de aprendizaxe teórico-práctico centrado na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

O pasado venres recolleron os seus diplomas as 20 participantes (19 mulleres e un home). O alumnado o obradoiro dual de emprego Carballo Coida II debe solicitar agora o certificado de profesionalidade para poder empezar a traballar. Na Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo xa hai ofertas de emprego axustadas ao seu perfil, como indicou a responsable do servizo, Milagros Antelo. 

Ao acto de tamén asistiron representantes das entidades nas que desenvolveron as súas prácticas as alumnas do curso (Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber), Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Bergantiños (Afaber), Asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) e Centro de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar) que renovaron o seu compromiso de colaboración de cara ás vindeiras accións formativas. Obradoiro de Emprego Carballo Coida diplomas

Novas formacións

Carballo volverá apostar por este sector, cun novo curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais, que comezará o 16 de decembro, senón que, de cara ao vindeiro ano. Ademais está programada unha acción formativa de teleasistencia novidosa en todo o ámbito da Costa da Morte.

Paralelamente,  antes de fin de ano arrincará o Obradoiro Lubiáns, neste caso en colaboración co Concello de Coristanco e centrado no sector da carpintaría e a montaxe de mobles. As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do Servizo de Emprego Público de Galicia, na planta baixa do Fórum.

Comentarios