Ledicia Costas, Paco Nogueiras, Pedro Feijoo e Rodrigo Costoya enchen de letras a Clarión Libraría
Completo o programa cultural que ofrece a Clarión Libraría de Carballo neste mes de outubro. Arrincaba a semana con Ledicia Costas, que despois de achegarse ao club de lectura de Baiolendo, mantivo un encontro a través das redes coas libreiras carballesas:
E a actividade na céntrica libraría carballesa continúa este mércores 8 co contacontos musical de Paco Nogueiras. Ás 17:30h, con entrada de balde, cita para cantar coas rúas criaturas cunha das figuras máis míticas da música infantil en galego.
Ademais, ovenres día 10 de outubro ás 19:30h terá lugar en un dos eventos máis importantes do ano. Un encontro entre os escritores Pedro Feijoo e Rodrigo Costoya moderado polo tamén escritor Rober Cagiao onde conversarán a redor das súas últimas publicacións.
Un evento moi esperado entre os clientes da libraría e os membros dos clubes de lectura da mesma.
Ao longo do outono haberá outro obradoiro infanatil, un encontro con María Besteiros, unha presentación de Manuel Esteban, e outra de Carmen Sanjurjo.