Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Libraría Brañas Verdes recibe o Premio Honorífico da Federación de Libreiros de Galicia

Ramon Tasende Pombo da Libraria Branas Verdes de Carballo
Ramon Tasende Pombo na Libraria Brañas Verdes de Carballo
A Libraría Brañas Verdes recibe o Premio Honorífico da Federación de Libreiros de Galicia

A Federación de Libreiros de Galicia vén de outorgar á Libraría Brañas Verdes de Carballo Premio Mellor Libraría de Galicia 2020.

Fíxoo no marco dunha vitural Gala dos Libros 2020, na que a Federación recorda a traxectoria de Ramón Tasende Pombo, dende 1981, “rexentando a libraría, primeiro Brañas, e tempo despois, Brañas Verdes, libreiro vocacional que traballa polo sector, vinculado un tempo á propia directiva da FLG, presente en numerosas feiras do libro durante varios anos, así como levando o libro e a lectura a outros eventos como feiras de artesanía”.

El mesmo agradecíao así: ”40 anos de historia, indo aos colexios, ás feiras, facendo presentacións, colaborando coas entidades, cos medios…”:

A Gala

Tendes aquí todos os gañadores (apenas nos toca de lado o premio teatral ao Grupo Chévere), e aquí tendes a gala dirixida por Quico Cadaval:

Comentarios