Sábado. 27.04.2024
El tiempo

“O libro de artista pódese ver, tocar, ulir, follar, manipular e sentir”

Libro e Attista Estudo Garabato
“O libro de artista pódese ver, tocar, ulir, follar, manipular e sentir”

Este domingo 28 de novembro o Estudo Garabato de Carballo celebrou unha cultural sesión vermú coa exposición "Libro Obxecto. “Un Libro Artista”. Tratouse da presentación deste libro-obra de arte, unha forma de expresión, que nace da “simbiose de múltiples combinacións posibles de diferentes linguaxes e sistemas de comunicación”.

Esta exposición feita libro está formada por artistas como Milagros Cotelo, Seve Auve, Noemí de Neira, Cristina Castro, Santi Picos, Mon Lendoiro, Isabel Soutullo e Luis Pesce.

Moita xente achegouse ao Estudo para degustar este novo soporte de “Libro de Artista”, sobre todo ese “xogo co tempo, podendo pasar as súas páxinas, retroceder, desdobralas e ler un discurso plástico en secuencias espazo-temporais…” “O libro de artista pódese ver, tocar, ulir, follar, manipular e sentir”, destacou o responsable do Estudo Mon Lendoiro.

Libro e Attista Estudo Garabato
Milagros Cotelo non faltou para disfrutar o Libro de Artista no que tamén participa

Comentarios