A Ludoteca de Un Paso Máis, un exemplo de inclusión e conciliación
Espectacular o crecemento que está protagonizando a entidade Un Paso Máis. Cada vez son máis os recursos que consegue para a inclusión e conciliación das crianzas do necesidades especiais, como é o caso da Ludoteca. Hoxe mesmo arrinca a segunda semana de servizo, despois dunha primeira semana que recibiu unha valoración moi positiva por parte de participantes e organizadores. O ambiente acadado foi excepcional, xerando un espazo familiar no que tanto nenos como adultos se sentiron moi a gusto.
Desde a organización, queren expresar o seu agradecemento á profesora María Adelaida Veiga Teixeira pola "súa excelente labor coordinando a ludoteca", así como ao equipo de voluntarios e voluntarias, "cuxa dedicación incansable fai posible o éxito desta iniciativa".
Cambios na directiva
A entidade, que segue "traballando con ilusión para ofrecer espazos de aprendizaxe, lecer e convivencia que fomenten os valores da nosa comunidade", ten novidades estruturais. Xa foron aceptadas as modificacións estatutarias propostas nas asembleas celebradas no mes de decembro. Ademais, houbo cambios na xunta directiva: Isabelle Carracedo incorpórase como nova vocal da Agrupación, mentres que Vanessa Cabeza, que xa formaba parte do equipo directivo, asume agora o cargo de tesoureira.