venres. 07.02.2025
El tiempo

Un Paso Máis abre as portas da nova Ludoteca familiar

Ludoteca Un paso mais
Un Paso Máis abre as portas da nova Ludoteca familiar

Despois de pechar as inscricións para a charla de Ángel Carracedo do día 23 e de ultimar os detalles para o taller de Patios Inclusivos do día 25, no que xa hai máis de 80 inscritos, a entidade n Paso Máis segue ofrecendo servizos para as familias con necesidades especiais. 

Neste caso, anuncia a apertura da Ludoteca Familiar. Esta ludoteca, situada no local da Escola de Arrabaldes, no barrio da Milagrosa de Carballo,  estará aberta tanto para as nenas e nenos, que poderán xogar e divertirse con liberdade, como para os seus pais, nais, avós, avoas, irmáns e irmás, que tamén están convidados a participar e descubrir novos xogos xuntos. "Sabemos que o xogo é unha ferramenta marabillosa para fortalecer os lazos familiares e fomentar valores como a cooperación e a empatía", invitan.

A actividade estará coordinada por María Adelaida Veiga Teixeira, profesora en Educación Infantil e Máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade, grazas á colaboración coa Universidade de Vigo. Ademais, contará coa axuda de voluntarios e voluntarias habituais da entidade, que estarán alí para dinamizar o espazo e asegurarse de que todas e todos desfruten desta experiencia.

A ludoteca abrirá as súas portas o próximo 4 de febreiro e desenvolverase nas seguintes datas, en horario de 17:00 a 19:00 horas:

 Febreiro:
- Do 4 ao 7
- Do 11 ao 14
- Do 18 ao 21
- Do 25 ao 28

Marzo:
- Do 11 ao 14
- Do 18 ao 21
- Do 25 ao 28

A asistencia é totalmente gratuíta, e os socios poderán achegarse directamente cando lles veña mellor, sempre que haxa prazas dispoñibles. Quen preferira asegurar a sús participación, pode reservar previamente enviando un correo a [email protected], indicando o día ou días e as horas nas que queira asistir.

Comentarios