Venres. 26.04.2024
El tiempo

Máis de 1.000 escolares da provincia participaron descubriron a arte urbana de Carballo co programa de visitas guiadas

Visita arte urbana Carballo CPI xose_pichel
Visita do CPI Xosé Pichel
Máis de 1.000 escolares da provincia participaron descubriron a arte urbana de Carballo co programa de visitas guiadas

A difusión é unha das aristas da aposta pola arte urbana do Concello de Carballo. E estas semanas está sendo moi visible coa visita de grupos escolares de toda a provincia para coñecer o museo a ceo aberto no que se ten convertido a vila nos últimos anos. Ao longo do ano xa foron máis de 1.000 escolares que disfrutaron das visitas guiadas da técnica de Turismo do Concello, como acontecía onte cos escolares da Laracha e Coristanco.

Visitas abertas

Pero as visitas non están dirixidas en exclusiva aos centros educativos, senón a todo tipo de grupos integrados como mínimo por 10 persoas, que queiran coñecer polo miúdo os proxectos Derrubando muros con pintura e Rexenera Fest, pero tamén para facer as compras no comercio local ou na feira, para xantar ou para tomar algo na hostalaría local.

Para solicitar unha visita cómpre cubrir este formulario e poranse en contacto contigo para fixar data e hora. E se tes algunha dúbida sempre podes poñerte en contacto con nós en [email protected], [email protected] ou nos teléfonos 981 70 20 77 e 698 15 64 02.

Comentarios