Máis de 1.600 fotógrafos téñense presentado ao Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

José Ramón Luna de la Ossa, á esquerda, recollendo o primeiro premio de 2022

O fotógrafo profesional José Ramón Luna de la Ossa (Cuenca) é o gañador do XXVII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Un certame que trata de perperpetuar no recordo a un animador cultural de Carballo a través dunha das súas afeccións: a fotografía.

O de Tarancón volve recibir un premio que xa conseguiu en 2022.

Así o escolleu o xurado que tamén seleccionou as obras de Ángel Atanasio Rincón (Ciudad Real), que levou o segundo premio; María Jesús Iglesias Regueiro (carballesa afincada en Santiago), que recibiu o Premio Especial Carballo; e Antonio Gutiérrez Pereira (Vigo), accésit.

Este ano presentáronse un total de 129 obras de 57 autores e autoras de Galicia e doutras partes de España como Andalucía, Cataluña, Castela a Mancha, A Rioxa, Madrid ou Valencia. E hai que subliñar que máis de 1600 fotógrafos e fotógrafas se teñen presentado ao certame nos seus 27 anos de vida con máis de 3.800 fotografías.

Entrega

O acto de entrega dos galardóns celebrarase o venres 25 de abril ás 20.30 horas, na Sala Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura, que acollerá ata o 30 de maio unha mostra coas fotografías gañadoras e unha selección de 59 obras realizada polo xurado entre todas as presentadas. O horario de visita é de luns a sábado de 17.00 a 21.00 horas.

Máis novas