Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O XXV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís viaxa a Valencia

XURADO carballo
O xurado vén de facer público o seu fallo despois dun exame minucioso das obras presentadas
O XXV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís viaxa a Valencia


O 27 de abril no Pazo da Cultura, o Concello de Carballo fará etnrega dos premio do XXV Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. E o primeiro premio será para Xavier Ferrer Chust (Vila-real, 1958) que gañou cunha imaxe titulada Díptico 678, pola que recibirá 1.500 euros e diploma. Máis de 200 premios leva o valencián.

O segundo premio desta 25ª edición, dotado con 750 euros e diploma, e patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz, é para a fotografía titulada La playa, do fotógrafo ourensán Miguel Gómez Muñiz.
O Premio Especial Carballo, patrocinado por Interfilm e dotado con 500 euros e diploma, é para Verónica Ramilo Graña, autora do mural dedicado ás mártires de Sofán no centro social desa parroquia, que presentou a fotografía O posto de Angelita de Lendo.

Este ano tamén se entregará un accésit de 300 euros e diploma a Iago Pensado Malleu pola súa obra Adoración da típula.

Comentarios