Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís fixo entrega dos seus premios

foto familia premiados Certame Foto Xose manuel Eiris 2024 Carballo
O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís fixo entrega dos seus premios

Anunciaba a semana pasada o Concello de Carballo os gañadores da 26ª edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Ademais de facerlle entrega aos premiados, Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez, tocaba a entrega de premios, que serviu para facer balance.

Porque son máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas os que participaron no Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís ao longo das súas 26 edicións. Son xa 109 fotografías premiadas.

O xurado desta 26ª edición tivo a responsabilidade e a dificultade de escoller entre 134 obras de 59 fotógrafos e fotógrafas de toda España, aínda que, casualmente, as/os catro premiadas/os son galegas e galegos.

premiados Certame Foto Xose manuel Eiris 2024

O certame segue servindo para homenaxear a Xosé Manuel Eirís, que foi animador cultural do Concello de Carballo, un destacado músico e gran afeccionado á fotografía.

Máis novas do certame

Comentarios