Venres. 29.03.2024
El tiempo

"Sergio da Veiga" e "O que queda de nós" protagonizan a terceira sesión do Galidoc

O que queda de Mnos de Manu Lucas
"Sergio da Veiga" e "O que queda de nós" protagonizan a terceira sesión do Galidoc

Chega a terceira sesión desta edición do GALIDOC, ciclo de cinema documental galego do Casino1889, que terá lugar este sábado 22 de xaneiro ás 19:00h. O protagonista é Manuel Lucas Mariño, director, realizador, músico… que vén presentar o documental “Sergio da Veiga” e a curta “O que queda de nós”. Ademais de presentar as obras, participará tamén no coloquio de sobremesa, no que ademais estará gaiteiro Manuel Méndez, que nos fará unha pequena mostra do son de Sergio da Veiga.

”Sergio da Veiga” acheganos ao virtuosismo do seu protagonista ao facer soar a gaita. Sergio vivía só na montaña. Mentres pastoreaba as súas cabras no monte, sentía o son da súa gaita abaixo, no pobo da Veiga de Logares (A Fonsagrada). Amigos e veciños fálannos de que foi un virtuoso gaiteiro e gran artista do pobo.

Pola súa banda, “O que queda de nós” (2021) é unha curtametraxe de ficción realizada por Miguel G. Abad, o cal é o que se encargou da montaxe do documental Sergio da Veiga. Miguel é guionista, director e montador en diversas pezas audiovisuais, entre as cales, destacan polo seu percorrido en festivais: Albores (2017) ou Ti tamén (2019).
O que queda de nós conta a historia dunhas cazadoras filla e nai, interpretadas por Lidia Veiga e María Costas. A curtametraxe dende a súa estra foi seleccionado en diversos festivais nacionais e internacionais, entre eles Cans, FicBueu ou Galicia Freaky FilmFestival.

Ambas pezas teñen en común que foron rodadas na Fonsagrada e estreadas alí, e comparten tamén a gran parte do equipo técnico.

Entradas

A entrada é gratuíta e o aforo é limitado, cubríndose por orde de chegada. As portas abriranse 30 minutos antes da sesión. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no enderezo [email protected] indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto.

Comentarios