Luns. 04.11.2024
El tiempo

Marcos Seoane, María Recarey e Rocío Martínez imparten as últimas masterclass aos alumnado de cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual

MARCOS-Seoane Forum Dual Obradoiro masterclass cocina
Marcos Seoane co alumnado do obradoiro
Marcos Seoane, María Recarey e Rocío Martínez imparten as últimas masterclass aos alumnado de cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual

Xa tivo lugar a clausura oficial pero ao longo destas semanas aínda apuran as últimas citas formativas do Obradoiro de emprego Fórum Dual en materia de cociña. 

E que citas, con cociñeir@s de renome da nosa comarca como Marcos Seoane, María Recarey Chouciño ou Rocío Martínez. A primeira foi da xefa de cociña do restaurante Pementa Rosa, que elaborou ensalada de tomate de tempada e falsa burrata, sardiña afumada con queixo do Cebreiro e figos, e bonito confitado con sopa de pepino e piparras.

ROCIO-Martinez Pementa Rosa Masterclass
Rocío Martínez en acción

A seguinte masterclass impartiuna unha ex alumna da Escola Municipal de Hostalaría, María Recarey Chouciño, que actualmente traballa como cociñeira no Chuac, e que
lles ofreceu unha orientación a partir da súa experiencia no mundo laboral. A clase rematou cunha elaboración conxunta de roscas.

Finalmente recibiron a visita de Marcos Seoane, do restaurante Río Sil, que preparou tataki de tenreira, picaña asada, carpaccio de tenreira e steak tartar.

MARCOS-Seoane Forum Dual Obradoiro masterclass cocina 2
Marcos Seoane rodeado de carne

O próximo luns celebrarán un xantar de despedida no que participará todo o alumnado, o profesorado e a dirección do obradoiro de emprego, e estarán listos para atopar traballo!

Comentarios