Venres. 03.05.2024
El tiempo

Este mércores arrincan os traballos de mantemento da AG-55

Autovia AG55 mapa
Este mércores arrincan os traballos de mantemento da AG-55

Este mércores día 13, se as condicións climatolóxicas así o permiten, arrincan obras correspondentes á campaña de conservación e reforzo do firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo (AG-55).
En concreto, trátase de acometer obras de rehabilitación estrutural do firme consistentes no fresado e reposición con mesturas bituminosas en quente.

As obras estarán debidamente sinalizadas e para minimizar a afección ao tráfico traballarase por carrís. Seguindo o programa inicial de traballo, o mércores comezarán as obras no treito comprendido entre os quilómetros 3+752 e 27+950, na calzada dereita, no carril dereito.
O segundo día as actuacións continuarán no treito que vai do quilómetro 28+700 ao 17+135, neste caso na calzada esquerda, no carril dereito.
O terceiro día as tarefas desenvolveranse entre o quilómetro 16+160 e o 7+500, na calzada esquerda, no carril dereito.

Comentarios