Fotografía

As Miradas dos nenos de Costa de Marfil retratadas por Marcos Rodríguez aterran en Carballo

Evencio Ferrero, Marcos Rodríguez, José Manuel Pensado e Marcos Trigo na Presentación da exposición Miradas de Marfil en Carballo

Teñen pasado por Santiago, pola Coruña, e agora chegan á súa casa. Marcos Rodríguez estreou este pasado xoves a súa exposición “Miradas de Marfil” en Carballo. Como xa fixera coa súa exposición sobre os nosos maiores; o fotógrafo carballés expón a súa visión da viaxe a Costa de Marfil para a súa veciñanza.

Son 31 imaxes escollidas, coa axuda de José Manuel Pensado, o párroco de Mazaricos, das 10.000 fotografías que realizou na súa viaxe coa ONG Egueire. “Pretenden ser unha mirada a Costa de Marfil desde os ollos dos nenos; unha mirada inocente que non agocha as súas durísimas condicións de vida”.

Entre esas 31 imaxes está a que lle valeu a Rodríguez o premio Golden Camera of the Year 2018 na categoría de reportaxe gráfico, galardón que outorga a Federación Europea de Fotógrafos Profesionais e que o carballés xa recibiu en 2017 e do que foi finalista en 2016.

A exposición estará aberta ata o 13 de marzo no Andar -1 do Pazo da Cultura.

Novas relacionadas

Máis novas