Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez fan escala na Coruña

As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez fan escala na Coruña
O cura de Mazaricos Xosé Manuel Pensado presentando a exposicion de Marcos Rodriguez no Colexio de Médicos da Coruña O cura de Mazaricos Xosé Manuel Pensado presentando a exposicion de Marcos Rodriguez no Colexio de Médicos da Coruña Unha delas valeulle para revalidar o título de Fotógrafo Europeo do Ano en 2018. Porque esas “Miradas de Marfil” son verdadeiramente impactantes. Despois do seu primeiro paso por Santiago, as fotos escollidas que Marcos Rodríguez realizou na súa viaxe a Costa de Marfil están xa na Coruña. Fano nunha exposición que se inauguraba onte no Colexio de Médicos da capital herculina, nun evento presentado polo cura de Mazaricos. Precisamente Xosé Manuel Pensado foi un dos integrantes daquela expedición a Costa de Marfil coa ONG Égueire, para inaugurar a maternidade erguida con unha boa parte dos cartos colleitados pola ONG en eventos da Costa da Morte. A exposición lévanos pola crúa realidade do país africano a través dos vidrosos ollos dos máis pequenos. Agora estará no Colexio de Médicos da Coruña (rúa Riego de Agua) ata o 22 de xaneiro, en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00h a 20:00h (sábados só de mañá). Exposicion Miradas de Marfil Marcos Rodriguez na Coruna

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-miradas-de-marfil-enchen-de/

Máis novas

Fonte

Comentarios