Luns. 01.06.2020
El tiempo

Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano

Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano
Marcos Rodríguez recollendo a Golden Camera 2018 Marcos Rodríguez recollendo a Golden Camera europea

Volveuna liar. Marcos Rodríguez, que xa se fixera o ano pasado coa aprezada “Golden Camera” da Federación Europea de Fotógrafos Profesionais FEP, acaba de revalidar, na súa terceira final consecutiva, o título de Fotógrafo Europeo do ano, recibindo a “Cámara de Ouro" na categoría de Reportaxe.

A gala de entrega tivo lugar a tarde deste domingo 25 de marzo en Bray (Irlanda). O fotógrafo carballés afincado en Cee, gañou este premio con tres fotografas, unha dun incendio en Cee, outra dun vendedor de paraguas en Sicilia, e a terceira, unha nena chorando nun orfanato de Costa de Marfil.

A puntuación obtida polas tres foi a máis alta de todas as finalistas, o que outorga a Rodríguez o Golden "Camera of the Year Award in Reportage".

Foto de Marcos Rodriguez dun incendio da Costa da Morte Foto de Marcos Rodriguez dun incendio da Costa da Morte Foto de Marcos Rodriguez en Costa de Marfil Foto de Marcos Rodriguez en Costa de Marfil Foto de Marcos Rodriguez dun neno Costa de Marfil Foto de Marcos Rodriguez dun neno Costa de Marfil

Novas relacionadas

Fonte

comentarios