Mércores. 21.08.2019
El tiempo

As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC

As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC

Miradas de Marfil, inauguración en el Claustro Alto de Fonseca from marcosrodfoto on Vimeo.

Marcos Rodriguez durante a sua inauguracion de Miradas de Marfil Marcos Rodriguez durante a sua inauguracion de Miradas de Marfil Non acollera nunca unha inauguración tan multitudinaria o señorial Claustro do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago. Arredor de 200 persoas, moitas chegadas de Mazaricos e outras zonas da Costa da Morte, enchían o noble espazo expositivo para acoller a inauguración das fotos que Marcos Rodríguez realizara na súa viaxe a Costa de Marfil coa ONG Egueire. Cheo no Claustro do Colexio Fonseca para a exposicion de Macos Rodriguez Cheo no Claustro do Colexio Fonseca para a exposicion de Marcos Rodriguez Unha viaxe que lle cambiou a ollada do mundo ao galardoado fotógrafo carballés. “Miradas de Marfil” fai un crú paseo pola vida diaria de sitios como Nandibo, o lugar no que Egueire está facendo proxectos de cooperación como esa fundamental maternidade. Os brancos ollos dos pequenos marfileños son os grandes protagonistas dunha exposición que fai tremer os cimentos da conciencia. Durante a mostra, presentada pola xornalista da TVG Begoña Fontenla, destacouse a doble relevancia da mostra, por un lado o talento e técnica dun dos mellores fotógrafos de Europa; e esa comprometida mirada que nos ensina a cruel realidade que vive África, como se destaca na foto que serve de cartel da mostra, como ese neno consumindo colacao, dando conta de como un neno en África ten que consumir un produto que nace na súa terra, pero volve manufacturado e cobrado noutros países do primeiro mundo. Falou tamén o párroco e presidente de Egueire Desiree, que agradeceu o compromiso de toda a xente, especialmente de Marcos por este gran escaparate da realidade marfileña ao mundo, que fai posible que a entidade poida seguir facendo na súa terra. De feito, ao remate da exposición vendéronse ducias de fotografías da exposició que servirán para axudar ás accións de Egueire. A exposición pódese visitar ata o 1 de xullo no Colexio de Fonseca (ao carón da praza do Obradoiro).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/marcos-rodriguez-e-egueire-estrean-en-santiago-a-sua-exposicion-sobre-costa-de-marfil/ https://quepasanacosta.gal/egueire-inaugura-a-nova-maternidade-de-costa-de-marfil-con-acento-da-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/marcos-rodriguez-revalida-o-titulo-de-fotografo-europeo-do-ano/

Fonte

Comentarios