Mohamed Safa analiza o xenocidio palestino cunha conferencia este xoves en Carballo

Segue Mohamed Safa en plena xira de conferencias, aproveitando a saída do seu último libro. O oftalmólogo e activista palestino acaba de recibir o Recoñecemento en Defensa dos DDHH da Rede Acampa pola Paz polo seu activismo dende Galicia. Un activismo que o leva por toda a xeografía galega facendo conferencias.

Xa estivo hai unhas semanas en Cee e vai pechar o ano con varias conferencias novas, que actualiza a raíz da recompilación do novo ensaio “Gaza, un xenocidio televisado, publicado pprimeiramente en galego da man da Ed. Medulia, con tradución de Xuilio Valcárcel.

Así, estes días teremos dúas novas ocasións de escoitalo analizando o xenocidio acontecido nestes anos, e avaliando ademais o mal chamado Plan de Paz de Trump.

As vindeiras citas co activista palestino son:/p>

  • Xoves 18 de decembro, ás 19.30 h, no Xardín das Escolas de Carballo, en colaboración co Concello de Carballo e o Casino1889, onde será presentado pola Concelleira Maruxa Martínez e en presenza da palestina residente en Laxe, Maha Dandis.
  • Martes 23 de decembro ás 19:30h, na A.C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo Andrés, 36, A Coruña), en colaboración co Sindicato de Estudantes-Coruña, UDCxPalestina e a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio. Safa será presentado polo xornalista Ubaldo Cerqueiro (Xornal da Coruña e QPC).

Mohamed Safa

Mohamed Safa é un oftalmólogo palestino que leva case 40 anos afincado en Galicia. Afincado entre Cee e Corcubión, leva en contacto co seu país en todo momento, e non perde a ocasión de compartir a realidade que vive o seu pobo. Leva 30 anos contando a ocupación que sofre Cisjordania e Gaza a mans do estadio sionista israelí, a través de centos de conferencias, e de libros como ”Palestina: grito por la libertad” (Ed. Castro, 2003), “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano” (2017), ou “La segunda Nakba Palestina. El Proceso de Paz” (2021).

Vén de ser recoñecido por parte da Rede Internacional Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio co Recoñecemento Galego á defensa dos DDHH 2025. E o celebra coa publicación, primeiramente en galego, de “Gaza, un xenocidio televisado” [Ed. Medulia].

Máis novas