Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Safa: “O libro fala das consecuencias nefastas para os palestinos do mal chamado proceso de paz”

Mohammed Safa presenta La segunda Nakba Palestina
Safa: “O libro fala das consecuencias nefastas para os palestinos do mal chamado proceso de paz”

“La segunda Nakba Palestina. El Proceso de Paz” é o terceiro libro de Mohammed Safa. O activista e oftalmólogo, afincado en Corcubión e Cee, leva décadas achegándose a incómoda realidade que vive o seu país de orixe, agochada polos muros da vergoña e da desinformación. En 2003, Ediciones O Castro editaba ”Palestina: grito por la libertad”, mentres que en 2017 sacaba á rúa “La Revolución Árabe. Democracia, nacionalismo, relixión e Palestina como nó gordiano”.

Desta volta, Safa presenta este xoves 11, ás 20:00h, na Casa da Cultura de Cee este terceiro relato, moito máis actual, do conflito que se vive dende hai máis de 60 anos en Oriente medio. Da man de Utopía Libros, chega coa ilusión intacta de presentar na súa casa este libro que tiña previsto expoñerse xusto cando comezou a pandemia.

Estará acompañado de Alevino González, actor galego que coñece moi ben a realidade do país, e que leva moitos anos acompañando en actos ao activismo palestino.

 Presentacion libro Safa
  • QPC: Por fin ve a luz o libro entón, despois de ano e medio de espera?

Pois si. O libro saíu durante a pandemia, e xusto había dúas conferencias programadas en Santiago e Cee, e outras dúas en Andalucía, a semana cando comezou o estado de alarma en marzo de 2020. Así bueno, como sempre facemos, a primeira presentación no meu pueblo, en Cee. E despois tocará ata fin de ano levalo por Galicia, Asturias, Andalucía…

 
  • QPC: Que significa o título do libro?

”El Nakba” é, para os palestinos, a “catástrofe”, é dicir, perder o territorio. Neste caso, fago a semellanza desa catástrofe, co mal chamado proceso de paz, pois levamos 28 anos e non se consegue naba, nós non conseguimos ningún tipo de paz por agora.

 

O primeiro era un libro de historia, cun completo recorrido histórico non só en territorio palestino senón en todo o mundo árabe. Pero este fala en presente, é unha análise máis actual. Relata as consecuencias nefastas dese mal chamado proceso de paz, que deixa un pobo completamente oprimido mentres o outro mantén o proceso de invasión por colonias.

 
  • QPC: Pero que é o que falla aí?

Sempre dicimos que todo ten que ser solucionado a través do diálogo, pero é complicado falar de paz con alguén que non cre na paz. É difícil negocial un pacto de estado con alguén que non cre o estado, mentres continúa co seu colonalismo de asentamientos como un proceso que non pretende ter volver atrás, usando os nosos recursos naturais e utilizando á poboación como man de obra barata.

É un conflito de natureza colonial, e a maneira de solventalo é a descolonización, elilminar a ocupación do territorio

 
  • QPC: É un libro máis político ou máis social?

Máis político, claro, pero tamén fala da situación a día de hoxe na zona e de como viven as persoas. Pero sobre todo analiza as razóns do fracaso do proceso de paz, e esa intención de limpeza étnica que ten Israel, que lles outorgou todo o poder a uns colonos que se levantan todos os días das súas camas co fusil cargado cun único obxectivo, conseguir que os palestinos teñan medo na súa propia terra e marchen.

Hai un libro, “La frontera” de Patrick Bard, que relata a vida de Ciudad Juárez, a vila co maior índice de asasinatos de mulleres, onde ata o diaño ten medo de vivir. Iso intenta conseguilo Israel, conseguir que o palestino sinta medo, que é un perigo vivir na súa terra.

 
  • QPC: Que che parece a falta de acción da comunidade internacional?

Que pasaría se se tratase a un xudío en París como a un palestino en Palestina, que pasaría a nivel internacional? Esa é a pregunta que me fago eu.

Pero a realidade é que Nacións Unidas non foi capaz de controlar a Israel, a pesar do que seguimos depositando a nosa confianza en que a legalidade ten que impoñerse en palestina. Palestina non pode seguir sendo unha zona illada da apliación das normas das Nacións Unidas.

Ademais, creo que o mundo ten unha obrigación moral de axudar a palestina. Non tes que ser pobre para axudar aos pobres, e aquí estamos ante unha inxustiza e hai que parala canto antes.

 

Sigo coa mesma ilusión. Esta é a meta de todos os palestinos que estamos comprometidos loitando nesta batalla. O primeiro libro estaba dedicado ao meu fillo Ismael, e sigo loitando para que a terra que lle prometimos siga sendo a terra como a que soñamos.

 

Entrevista 2013

Novas relacionadas

Comentarios