"Estamos normalizando a anormalidade dun xenocidio"
Este pasado venres o Auditorio da Casa de Cultura acolleu unha conferencia de Mohame Saha sobre o mal chamado proceso de Paz de Trump. O oftalmólogo, escritor e activista palestino aproveitou para realizar a presentación do seu libro “Gaza, un xenocidio televisado”.
O acto estivo presentado pola alcaldesa Margot Lamela, xunto con Modesto Fraga en representación de Medulia Editorial e Chicha Martínez en representación de COAP Costa da Morte (Colectivo de Apoio a Palestina).
Gran resposta da cidadanía da comarca, que acodiu e mercou unha gran cantidade de libros, superando as expectactivas do autor e da propia editorial, que quixo publicar primeiro en galego.

Modesto falou do prólogo de Xulio Valcárce e acabou lendo un polémica que fixo para denunciar a situación palestina de hai 25 anos que aínda está máis vixente neste 2025.
Safa compartiu unha análise profunda e valente da situación en Gaza e do papel dos medios de comunicación no relato da guerra. Falou con sinceridade, con dor e tamén con esperanza, lembrando que detrás de cada imaxe hai vidas, familias e persoas que só queren vivir en paz.
Fixo un percorrido polo seu didáctico ensaio, e afondou na idea de que “estamos naturalizando un xenocicido, emitido por todos os medios e todas as redes, que todos vemos pero ninguén fai nada”. Lamentou que a “sociedade está máis apática que nunca”, pero lanzou unha mensaxe optimista sobre a resolución do conflito aínda que a el non lle dea tempo a velo.






