martes. 28.10.2025
El tiempo

“Gaza, un xenocidio televisado” , o novo ensaio de Mohamed Safa publicado por Medulia

Mohamez Safa-Gaza un xenocidio televisado
“Gaza, un xenocidio televisado” , o novo ensaio de Mohamed Safa publicado por Medulia

O oftalmólogo e activista palestino Mohamed Safa vén de lanzar un ensaio sobre o xenocidio que sofre o seu pobo. “Gaza, un xenocidio televisado” [Ed. Medulia] estará en breve nas librarías e pronto tamén teremos as primeiras presentacións.

Sae primeiro ademais, a versión galega (a versión en castelá sairá a comezos de ano coa editorial Oriente Mediterráneo, algo máis actualizada coas últimas reflexións sobre o plan de Trump), que ten prólogo e tradución ao galego de Xulio Valcárcel.

Sinopse: “A barbarie xa non se oculta: emítese en directo”

Desde o inicio do conflito, sentín a tentación de escribir, pero decateime axiña que certos acontecementos esixen distancia para ser comprendidos. Hegel falaba da curuxa de Minerva, que só alza o voo á noitiña: quere dicirse, que os acontecementos históricos só poden entenderse cando rematan. Pero Gaza non permite ese luxo. O que ocorre alí non é só un conflito; é unha traxedia en curso, un proceso sistemático de destrución, desprazamento e aniquilación. Chamalo polo seu nome –xenocidio–: é unha esixencia ética.

Este libro nace da negativa a permanecer en silencio. Inspirado na advertencia de Mary Fulbrook sobre as "sociedades de espectadores", esa masa pasiva que presencia o horror sen actuar. A política do goberno israelí apunta con claridade á expulsión sistemática do pobo palestino de Gaza. E ante iso, escribir non é un xesto intelectual: é un acto de conciencia.
Este libro, modesto no seu alcance, quere ser un testemuño, unha denuncia, unha toma de posición. Porque fronte ao sufrimento dun pobo, a palabra tamén pode ser resistencia.

Máis novas sobre Safa

Comentarios