As obras para reducir o risco de inundacións en Carballo, "un antes e un despois"

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, xunto co alcalde Evencio Ferrero, visitando as obras para redución do risco de inundacións no municipio. Fotos: David Cabezón

Visita institucional hoxe do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a Carballo. Acompañadas do alcalde Evencio Ferrero, quixeron poñer en valor as obras, por valor de 6,3 millóns de euros, para reducir o risco de inundacións na capital bergantiñá.

Salientaron que estas obras supoñen “un antes e un despois” e unha mellora “significativa” da seguridade na localidade, que fica moito máis preparada para as enchentas do río Anllóns.

Analizaron o estado das 5 actuacións que inclúe o Plan de xestión do risco de inundación da demarcación Galicia-Costa 2021-2027 repartidas por todo o concello, das cales 3 xa están rematadas e outras 2 están en marcha. 

 

Rueda agradeceu a colaboración municipal para levar adiante as obras, que inclúen:

  • Un bypass na zona de Muíño de Quinto (xa rematada)
  • A remodelación integral do parque de San Martiño, incluíndo a construción de cotas de protección fronte ás avenidas (xa tematada);
  • A demolición de edificación, remodelación de ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol (xa rematada);
  • A demolición da ponte sita na rúa Fomento (executada ao 70%, con previsión de ser rematada en primavera);
  • A mellora hidráulica do río Anllóns polo seu paso polo enlace entre a AG-55 e a AC-552 (adxudicada e pendente de comezar as obras). 

Máis novas