Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Rematadas as obras do "bypass” do Muíño do Quinto, o primeiro proxecto do plan contra as inundacións de Carballo

Obras Muino do Quinto Carballo inundacion
Rematadas as obras do "bypass” do Muíño do Quinto, o primeiro proxecto do plan contra as inundacións de Carballo

Lista a obra do primeiro dos cinco proxectos do Plan para reducir o risco de inundación nas beiras do Anllóns. Esta primeira actuación, financiada polo organismo autonómico cun orzamento de 330.000 euros (uns 60.000 corresponderon ás expropiacións por parte do Concello), consistiu na construción dun bypass na zona do Muíño do Quinto.

O principal obxectivo da actuación é a mellora da capacidade hidráulica do río ao seu paso polo Muíño do Quinto. Para conseguilo abriuse unha canle alternativa que permita derivar caudal en períodos de avenida. As obras afectaron ao paseo fluvial, polo que se procedeu á construción dunha pasarela de madeira para darlle continuidade ao trazado da senda.

Obras Muino do Quinto Carballo inundacion 2

Os técnicos de Augas de Galicia avanzaron que entre este mes e o que vén tamén rematarán as obras no parque de San Martiño, e que en novembro arrincarán os traballos de reforma da ponte da rúa do Sol, que inclúen a demolición dun edificio de propiedade municipal e a creación dunha canle de augas altas.

Comentarios