O político carballés Xesús Gende estréase como escritor
09:44 07/11/24
“Catro relatos curtos de Deus” supón a estrea como escritor do político carballés, Xesús Gende. Voceiro durante décadas do grupo "Son Daquí", lánzase ás letras con esta nova obra que se presentará este xoves, 7 de novembro, ás 20:00 h., terá lugar no espazo cultural Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34).
No acto participarán, ademais do autor, o sociólogo e crítico teatral Santiago Pazos e o escritor e director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.