Preparan unha xornada voluntaria de erradicación de unlla de gato en Razo tras detectar un brote

Imaxe doutra xornada eliminando unlla de gato

Que importante é actuar de contado cando de detecta un brote dunha especie invasora tan cruel coo a “unlla de gato”. Así o entende Adega e o Concello de Carballo, que no marco do programa Eu quero Razo Baldaio propoñen unha Xornada de eliminación de invasoras en Leira.

A sesión será este xoves 29 de agosto de 10:30 a 13:30 h. O punto de encontro será o Aparcadoiro Pedra do Sal, e xa te podes inscribir en 981 57 00 99 ou en inscricion@adega.gal.

O Concello e ADEGA mesmo prepararon un interesante dossier coas especies invasoras que temos no noso litoral.

Máis novas