Razo volve converterse na Praia dos Libros

Ir á praia e poder escoller un libro nunha minibiblioteca é un luxo oque só se vive en Razo. O areal carballés volve converterse, por cuarto ano consecutivo, na Praia dos Libros. A biblioteca itinerante volveu instalarse e permitirá ata finais de agosto poder acceder cos pés mollados aos últimos éxitos literarios e ter un punto de información cultural xestionado polo persoal das Bibliotecas de Carballo.
Unha Biblio que completa as numerosas actividades do programa Eu quero Razo-Baldaio, como a que se celebra este sábado, unha limpeza colectiva da marisma de Baldaio coordinada por Limpocean.
Ángeles Pacoret explicou que o funcionamento da bibliopraia non varía con respecto ao ano pasado. Conta cunha sección de préstamo, na que se require o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, e outra de uso libre na que, ademais de libros, atoparás marcapáxinas, postais... Tampouco varían os horarios, que serán de 13.30 a 17.30 no mes de xullo e de 13.30 a 16.30 no de agosto.
Cine na praia
Pero A Praia dos Libros non chega soa, senón que ao longo do verán tamén se desenvolverán na beira as xa clásicas proxeccións de cine ao aire libre organizadas pola Concellaría de Cultura. Hoxe mesmo, ás 22.30 horas, poderá verse en Razo a
película Viaxe ao paraíso, e o 14 de agosto, ás 22.00 horas, proxectarase na Pedra do
Sal Unha familia de superheroes, coa colaboración da asociación cultural