venres. 08.11.2024
El tiempo

Valarés, espazo libre de unlla de gato

Valarés, espazo libre de unlla de gato
Voluntariado Ambiental de Ponteceso coas 5 toneladas erradicadas de unlla de gato Voluntariado Ambiental de Ponteceso coas 5 toneladas erradicadas de unlla de gato Fantástica, un ano máis, a iniciativa das bravas Píllaras das Dunas, ese colectivo de Voluntariado Ambiental de Ponteceso. Veñen de pasar unha completa semana cargada de natureza, con xentes chegadas de diferentes partes de Galicia, de Madrid e de Sevilla. ”Contamos cunha mestura cultural moi boa e enriquecedora posto que unha das voluntarias procedía de Rumanía e outro de Honduras”, cóntanos en primeira persoa María Chouciño, unha das Píllaras. Eliminando unlla de gato en Valares Eliminando unlla de gato en Valares Ademais da cantidade de actividades lúdico-naturais realizadas, a base do proxecto, a erradicación de invasoras da zona de Valarés, foi todo un éxito. Nada menos que 5,5 toneladas de Carporbrotus (unlla de gato) retiradas entre a praia de Valarés e a praia da Ermida. “Valarés é a nosa praia dende a infancia, na que disfrutamos todos os veráns, e vela libre de unlla de gato prodúcenos unha satisfaccion enorme e fainos pensar que tanto traballo vale a pena”, apunta Chouciño. “Os voluntarios quedaron namorados da nosa costa e dos recunchos que nunca poderían coñecer se non se animasen a vivir esta experiencia, só lles podemos dar as gracias pola sua implicación e o interese mostrado. Ademais da labor medioambiental, levámonos amigos e experiencias que non se olvidan”, explica. ”As Píllaras estamos moi contentas, este voluntariado lévanos meses organizalo, con poucos recursos e incluso temos que coller unha semana das nosas vacacións para poder levalo a cabo. Seguiremos adiante!” As Pillaras das Dunas de Ponteceso quedaron encantadas As Píllaras das Dunas de Ponteceso quedaron encantadas

Semana completísima

Erradicando unlla de gato en Valares Erradicando unlla de gato en Valares Erradicando unlla de gato da praia da Ermida Erradicando unlla de gato da praia da Ermida Menuda semana pasaron os voluntarios que se apuntaron a esta iniciativa. Non tiveron parada. Durante a primeira xornada, a do pasado luns, ademais estiveron os compañeiros de Senda Nova, contando o gran traballo que realizan e concretamente sobre as labores conservación da Píllara en Baldaio. A sintonía foi tan boa que xa quedaron para realizar outra cita como esta na praia da barra a partir de marzo-abril do ano que vén. O martes tocou xa poñerse mans á obra co traballo de eliminación da unlla de gato en Valarés, revisando os rebrotes que se produciron este ano e eliminando as manchas que non puideron quitar na pasada edición. Pola tarde houbo tempo para o disfrute, e gozaron do percorrido de Corme a Ponteceso polo máxico Camiño dos Faros. O mércores ao mediodía a contorna da praia de Valarés ficaba xa libre da invasora unlla de gato, despois doutra nova e dura xornada de traballo, deixando unha serie xigante de sacos. E xa pola tarde recibiron a visita duns expertos en morcegos que explicaron a importancia destes mamíferos voadores na conservación dos ecosistemas. O xoves trasladaron os traballos á praia da Ermida, onde estiveron erradicando as invasoras ata o domingo, xa que a unlla de gato propágase polo cantil e resulta menos doada para a súa eliminación. E aínda tiveron tempo para gozar de marabillas como a ruta do Trece rematando nun marabilloso solpor sobre o cabo Vilán; unhas sesións de surf e kaiak en Rebordelo; ou unha xornada de orienctación con brúxulas e mapas, visitanto o dolmen de Dombate, Castro Borneiro, o Alto da Fernandiña ou o Rego dos Muíños. O domingo, para pechar a semana, que mellor que un churrasquiño en Verdes, aproveitando para facer unha análise do río Anllóns a través do Proxecto Ríos. Selfie do voluntariado Ambiental de Ponteceso polo Camino dos Faros Selfie do voluntariado Ambiental de Ponteceso polo Camino dos Faros

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios