Concello e entidades propoñen un completo programa de verán para gozar Razo e Baldaio

11:13 29/06/24
O Concello de Carballo e as entidades queren dar continuidade ao proxecto “Eu quero Razo – Baldaio”, que pretende crear hábitos de turismo consciente no noso litoral. Así, propoñen unha marea de accións relacionadas coa sustentabilidade da costa.
A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolvan as actividades.
Poden inscribirse dende a web municipal.