A Rede para o Decrecemento reflexiona en Carballo sobre o futuro de Europa co autor Antonio Turiel
Este martes 26, ás 19:30h, dentro da xira galega organizada organizada pola Rede para o Decrecemento do Eo-Navia, Galiza e O Bierzo, coa colaboración da Rede polo Decrecemento de Carballo e o Casino de Carballo, Antonio Turiel (León1970), licenciado en Física e Matemáticas, doutor en Física Teórica pola Universidade Autónoma de Madrid e Investigador Científico no Instituto de Ciencias do Mar do CSIC de Barcelona estará presentando o seu último libro, “El futuro de Europa”
Turiel estivo de máxima actualidade nos principais medios do Estado a conta do “apagón” eléctrico do pasado 28 de abril. Un apagamento de cuxo risco tiña advertido reiteradamente con antetioridade. No Casino haberá ocasión de coñecer as causas últimas do apagón, os riscos de que se repita e as alternativas ó actual sistema eléctrico, os limites das renovabeis e moito máis…
No libro, Turiel formula o debate urxente sobre o modelo industrial e o futuro que nos agarda neste contexto de crise global. “A crise climática acelérase e a social medra co rexeitamento á xentrificación e o auxe dos populismos. A crise enerxética alterna momentos críticos con periodos de calma e a de materias primas afecta á cadea de suministros. A todas elas súmase agora a da auga potable. Isto conduce a un choque inevitable cos limites dun planeta de recursos finitos e a incapacidade dos poderes políticos e económicos para entender que o crecemento perpetuo é inviable. Mais cando paradóxicamente, as empresas priorizan a supervivencia ó crecemento, é claro que algo non vai ben”.