O Rexenera Fest volve refrendar a aposta municipal pola arte urbana como ferramenta de transformación estética
Este xoves comezan os sprays a invadir Carballo. A 11ª edición do Festival de Arte Pública de Carballo Rexenera Fest desenvolverase do 29 de maio ao 8 de xuño e, de novo, 5 artistas convertirán un muro de formigón nin lenzo, continuando a conversión dunha vila inónica do feismo galego nun museo a ceo aberto.
Xa van 60 artistas os que humanizaron as rúas da cidade coa arte urbana nas 10 edicións do festival, e son máis de 120 os murais creados en Carballo dende o comezo do proxecto Derrubando Muros con Pintura.
Dúas iniciativas paralelas que sitúan á capital de Bergantiños como un exemplo internacional da aposta municipal, da aposta pública, pola arte urbana como ferramenta de transformación estética e arquitectónica da cidade, traendo ademais unha coidada selección dos nomes máis relevantes do panorama muralístico a nivel autonómico, nacional e internacional.
Este ano os artistas invitados para os murais de gran formato son:
- RAQUEL GERMADE (Galiza), intervirá na rúa Rosalía de Castro, 14.
- ZESAR BAHAMONTE (Sevilla), intervirá na rúa Gran Vía, 154.
- ANETTA LUKJANOVA (Finlancia), intervirá na rúa Begoñas, 50
- ZANE PRATER (Estados Unidos), intervirá na rúa Gran Vía, 95
- GALLETA MARÍA (Valencia), intervirá na rúa Colombia, 16.
Outras actividades paralelas
Pero tamén haberá moito máis: obradoiros participativos, rutas guiadas e música para que sigas explorando e descubrindo as marabillas que agochan as paredes da via.
As Clases maxistrais estarán impartidas por NICO BARRIOS (Rotulación & Lettering sobre parede) e o eterno YOSEBA MP (Retrato Friki).
Ademais, deixen cautivo o mediodía do 8 de xuño para a sesión vermú de despedida.